Corto Windows Movie Maker


Elabora un corto de duración entre 3 e 4 minutos sobre un tema libre.
-Busca un vídeo ou dous (de moi corta duración) para o corto.
- Escolle fotografías relacionadas co tema.
- Realiza a montaxe do corto intercalando os clips de videos e imaxes, añade títulos, créditos, música, voz, efectos, etc, dando un aspecto máis atractivo e profesional á presentación.

Proxectaremos ás presentacións dos cortos na clase. O xurado estará formado polo profesor e o resto de compañeiros. Puntuarase creatividade, calidade, sonido, etc.

WIRIS











Wiris é un programa de cálculo simbólico capaz de traballar con fórmulas matemáticas.
Permite traballar de modo exacto e aproximado con números naturais, enteiros, racionais, reais e complexos.
Opera polinomios e fraccións alxébricas.
Resolve sistemas de ecuacións lineais e non lineais.
Opera matrices e calcula determinantes.
Representa curvas no plano.
Debuxa curvas e superficies no espazo.
Calcula límites, derivadas e integrais.





Os seguintes enlaces conteñen actividades para realizar con Wiris:












GEOGEBRA+GOOGLE MAPS


Unha das aplicacións de Geogebra é a determinación de distancias reales ou superficies a partir de mapas xenerados con Google Maps ou Google Earth. Podemos importar dende Geogebra un mapa (como imaxe) e coñecida a escala calcular distancias reales ou superficies.

No seguinte enlace podes atopar exemplos de aplicacións conxuntas de Geogebra e Google Maps (ou Google Earth):
1. Cálculo de superficies
2. Cálculo de distancias


Tendo en conta o anterior, leva a cabo as seguintes actividades:

1. Actividade 1: Achar a distancia entre Xinzo e Verín.
2. Actividade 2. Achar a superfice que ocupa o IES Xesús Taboada Chivite.
3. Actividade 3. Achar a superifice que ocupa o lago Titicaca.

GEOGEBRA

GeoGebra é un software matemático interactivo libre para educación en colexios e universidades. É básicamente un "procesador xeométrico" e un "procesador alxébrico", é decir, un compendio de matemática con software interactivo que reune xeometría, álxebra e cálculo -e por eso pode ser usado tamén en física, proxeccións comerciais, estimacións de decisión estratéxica e outras disciplinas-. En GeoGebra poden facerse construccións con puntos, segmentos, líneas, cónicas,etc. e todo eso modificable en forma dinámica. Pero tamén se poden definir funcións reales de variable real, calcular e graficar as súas derivadas, integrais, etc

Videotutoriais SketchUp

Nos seguintes enlaces podes atopar videotutoriais de SketchUp:



Google SketchUp






SketchUp é un programa informático de modelado e diseño 3D para entornos arquitectónicos, inxeñería civil, diseño industrial, GIS, videoxogos ou películas. É un progrma desenvolvido e publicado por Google. Foi diseñado con obxecto de que poidese ser empregado de maneira intuitiva e flexible. SketchUp permite conceptualizar e modelar imaxes 3D de edificios, coches, persoas ou calquer obxeto que imaxina o diseñador ou debuxante. Ademáis, o programa inclue unha galería de obxetos, texturas e imaxes listas para descargar.


Actividade con Google Sites



Crear páxina web en Google Sites sobre as Redes Sociais  que conteña, polo menos:
  1. Unha páxina de presentación e cinco páxinas máis
  2.  Un formulario creado con Google Docs
  3. Un vídeo
  4. Un álbum web de Picassa
  5. Algún arquivo para descargar
  6. Música de fondo  
Algunha páxina para coller ideas: