TRABALLO INICIAL

PRIMEIRA ACTIVIDADE DO CURSO:

Traballo en Word EN GALEGO (sobre 15 páxinas) e presentación en power-point (sobre 15 diapositivas) sobre AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN:
  • As tecnoloxías da información: evolución histórica.
  • Telecomunicacións. Intelixencia artificial. Tecnoloxía multimedia.
  • Internet: A globalización.
  • A web 2.o. Aplicacións sociais das TIC.
  • Valoración crítica das posibilidades e riscos das tecnoloxías da información.

O traballo en PPT (15 diapositivas) hai que expolo públicamente no aula (sobre tres minutos). Hai que tratar de que non teña excesivo texto, e que conteña, polo menos,  os seguintes elementos:
  • Portada
  • Indice de contidos con vínculo e retorno automático.
  • Efectos de transición de diapositiva.
  • Efectos de animación para os diversos elementos dunha diapositiva.
  • Algún sonido de arquivo debidamente configurado

O traballo en Word ten que estar debidamente organizado, incluindo os seguintes elementos:
  • Portada 
  • Numeración de páxinas (sen número de páxina na portada)
  • Encabezado e pé de páxina
  • Indice automático de contidos
  • Táboas e figuras debidamente organizadas
  • Diferentes tipos de letras e tamaños segundo os bloques
  • Xustificado dos párrafos
Con anterioridade á data indicada polo profesor hai que ter subido ao blogue o traballo en word (con slideshare) e ter tamén un enlace para a versión en .doc así como en .PPT (enlace á google docs ).